Asunto: Rogos e Preguntas para o pleno do día 27-01-2011
Pregunta_Sr Alcalde, como representantes da Asociación de Veciños de Randufe gostarianos saber se esta operativa a conexión WIFI na Casa Cultural desta parroquia, e en caso afirmativo, se esta asociación pode dispoñer da clave de acceso a mesma pois estamos interesados en facer uso dela tantos nas nosas reunións mensuais como na vindeira Asamblea Xeral.
Rogo_Sr Alcalde, rogamos se resolva o problema, que na saida da autovia Tui_Portugal a altura da Pousa do Bispo, ten a estrada cunha mancha permanente de auga, que pode chegar a traer problemas de seguridade para os vehiculos que por ahi circulan, no caso de que non sexa competencia do Concello, si rogamos faga chegar este rogo o organismo correspondente. Seria bo, que a espera da sua resolución, estivese debidamente sinalizada a existencia deste problema.
Aproveitamos tamen a circunstancia para rogarlle que atenda as peticións que o longo do ano 2010 fomos facendo dende esta Asociación, pasadas polo rexistro de entrada do Concello e copia a súa secretaria , tamén publicadas no noso blog, e que tal como se falara o comenzo do ano nos de as citas solicitadas ou derive algun responsable que nos atenda.
Randufe a 27 de Enero de 2011
A/A do Sr. Alcalde de Tui, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha
sábado, 5 de febrero de 2011
martes, 1 de febrero de 2011
Petición ó Concello con referencia a un Cruceiro próximo á Casa Cultural de Randufe.
Asociación de Veciños de Randufe
NIF.: G36338549
Casa Cultural de Randufe s/n
36713 Tui
blog: avderandufe.com
mail: avderandufe@gmail.com
Expon:
Que o cruceiro situado a beira da entrada da casa Cultural de Randufe atopase en perigo de derrubamento como amosan as fotos adxuntas.
Que o seu estado, falta de verticalidade pode supoñer un risco de seguridade para as persoas que circulan a súa beira.
Que por tratarse dun elemento patrimonial urxe velar pola súa conservación.
Solicita
Que o Concello, visite e valore o seu estado, e poña en marcha as medidas que crea oportunas para a súa adecuación.
Randufe a 1 de Febreiro de 2011
A/A Sr Alcalde Don Antonio Feliciano Fernandez Rocha
Suscribirse a:
Entradas (Atom)