viernes, 12 de noviembre de 2010

“A Taberna sen dono” dan man de Teatro La Guía, Sabado 13 Novembro 21.30 Teatro Municipal de Tui

Teatro La Guía representa “A Taberna sen dono” en homenaxe a Miguel Troncoso



O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado ás 21.30 horas a representación da obra teatral “A Taberna sen dono” dan man de Teatro La Guía, que trinta anos despois volve ao escenario. Faino nesta ocasión cun motivo especial, coma é brindar unha homenaxe ao que foi o seu director Miguel Troncoso, falecido hai agora cinco anos. Para esta ocasión sóbense de novo ao escenario os actores que hai tres décadas deron vida os distintos personaxes. Para iso levan ensaiando 8 meses, nos que retomaron os lazos de amizade establecidos na súa mocidade e consolidados agora na idade adulta.

A representación forma parte dos actos do 25 Aniversario da Asociación Cultural Xuntanza, xa que a súa xunta directiva encargou esta tarefa a Pilar Álvarez e Marita Giráldez, que agora figuran coma adxuntas a dirección, xa que no cargo de Director segue aparecendo Miguel Troncoso.

Esta representación foi presentada onte na Casa do Concello por Marita Giráldez, Miguel Méndez e Carlos Alfaya que estiveron acompañados polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e polo Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez.

Moisés Rodríguez explicaba que o Concello e a Concellería de Cultura súmanse a esta merecida homenaxe a un home que a quen lle gustaba estar en segundo plano. Aludía tamén ao éxito que esta representación tivo xa o pasado domingo na Casa Cultural de Randufe. Animábaos a seguir con esta Mostra de Teatro e representar outra obra o ano que vén. Unha posibilidade que non descartaron os membros do grupo teatral.

Pola súa parte Antonio Fernández Rocha lembraba a Miguel Troncoso con quen coincidía na época de Unión Tudense. Expuña a súa implicación coa cultura e o seu aporte fundamental non só para a cultura en Randufe senón en todas as parroquias xa que segundo explicaba el ía desenvolvendo actividades que logo se copiaban no resto. Aludía tamén a que foi o promotor da compra do terreo onde se ubica a casa cultural de Randufe, polo que dicía habería que estudar no futuro a posibilidade de darlle o seu nome.

Marita Giráldez explicaba que estes oito meses de ensaio os viviron con moita intensidade lembrando sempre a Miguel Troncoso que cando eran mozos, e non había moitas alternativas, os atraia cara ao teatro. Lembraba tamén coma el se encargaba dos efectos especiais, a carteleira e escenografía. Miguel Méndez explicaba que para eles esta representación é un reto importante porque moitos levaban 25 anos sen subir ao escenario. Convidaba a asistir á obra porque dicía o público o vai pasar moi ben. Carlos Alfaya pola súa parte agradecía o apoio do Concello e apostaba porque se siga apoiando a cultura tanto no centro coma nas parroquias. Remataba convidando ao público a asistir.

As entradas, sen numerar, poranse á venda o sábado ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo dun euro.

http://www.galiciasuroeste.info/tui.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario