viernes, 10 de diciembre de 2010

Novas solicitudes ó Exmo. Concello de Tui de interese público para a parroquia de Randufe.

Asunto: Temas tratados na última reunión da Asociación de Veciños de Randufe.

Reunida a Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Randufe, no pasado día 24 de Novembro de 2010, acorda solicitar o Concello de Tui acerca daquelas cousas de interese público para a parroquia que foron tratadas (incluimos a reclamacion de falta de alumeado público notificada con posterioridade a reunión).



Solicitamos por tanto do Exmo. Concello de Tui:

- Falta de marquesinas nas paradas que nas Chans do Carrasco e Chagüen teñen os rapaces dos IES de Tui.

- Falta de sinalización na parada que teñen os rapaces dos IES de Tui na Zona do Cruceiro do Monte. No seu regreso vense obrigados a cruzar a carretera nunha zona de pouca visibilidade e sen estar adecuadamente sinalizada. Ver por razons de seguridade.

- Atender as necesidades de alumeado público que se viron afectadas polo roubo de cable no pasado 27 de Novembro, hai zonas sen este servizo nos barrios de Pociño , Montiño e outros. Conven levar a cabo o seu retablecemento a maior brevidade por motivos de seguridade .

- Revisión e acondicionamento necesario para o parque infantil nas Chans do Carrasco, este parque e utilizado con moita frecuencia polos nenos ao sair do colexio ( case todolos dias hai nenos) ademais dos fins de semana. Por motivos de seguridade e tranquilidade para todos, evaluar e levar a cabo as melloras que precise.

- Na mellora (asfaltando) dunha carretera no barrio de Pociño, era preciso ver a posibilidade de colocar tubos nas cunetas( medios tubos), isto pode axudar a unha mellor conservación da carretera.

- Interese no seguimento e conservación no acceso que os vecinos de Randufe teñen ao parque industrial de Areas asi coma as melloras que se poidan levar a cabo.

Esperamos a súa colaboración nas cuestións comentadas para poder conquerir entre todos que sexa o noso entorno un lugar mais agradable e seguro.

Sen outro particular agradecemos a sua atención é esperamos de vostede, tal como acordamos, unha cita para que nos confirme a posibilidade de levar a cabo estas peticións o mesmo que ofrecer a nosa colaboración no que sexa posible.

Randufe a 10 de Decembro de 2010



O Secretario

F.Javier Oliveira Barros

1 comentario:

  1. Sabedes se repuxeron o cable do alumeano nas outras parroquias (Guillarei e Ribadelouro, e ¿canto tempo tardaron en facelo?. Particularmente ponme mala saber que se gastan 50.000 para iluminar "a urbe" mentras nas parroquias non poidamos sair de noite. Comunicounos un veciño que o barrio de Montiño está sen luz por un tramo de 50 metros, que no almacén hai esa cantidade e moita máis para repor tramos pequenos se isto é certo, ¿a qué esperan para repolo?¿a que rouben o que queda?

    ResponderEliminar