viernes, 22 de julio de 2011

I CONCURSO DE FOTOGRAFIA “O RETRATO DE RANDUFE”


I CONCURSO DE FOTOGRAFIA “O RETRATO DE RANDUFE”

A Asociación de veciños de Randufe, convoca a un concurso de fotografía cas seguintes bases.

Regulamento de participación

Modalidades. Poderase participar nas seguintes dúas modalidades.

MODALIDADE 1. FOTOGRAFIA mediante TELEFONO MÓVIL.

Hoxe en día, cas novas tecnoloxías, resulta moi directo e doado facer fotografías a través do teléfono móvil. Dende a Asociación, quixeramos que enviedes as vosas mellores fotografías feitas EXCLUSIVAMENTE mediante este medio, a seguinte dirección de correo electrónico.

AVdeRandufe.concurso@picasaweb.com (a fotografía publicarase de forma inmediata na páxina do concurso)

Ou a

avderandufe@gmail.com

.

MODALIDADE 2. FOTOGRAFÍA TRADICIONAL (dixital ou analóxica)

Tanto nunha u outra modalidade as bases son:

1.- Obxectivo.- Este concurso pretende que os participantes destaquen nas súas fotografías, os seus rincóns preferidos de Randufe. Un retrato de momentos, lugares, monumentos, xentes de Randufe que teñan un significado especial para cada un de nos e que queirades compartir co resto dos nosos veciños e amigos.

2.- Participantes.- Calquera persoa interesada no tema e que non forme parte da directiva da Asociación de Veciños de Randufe ou do Xurado.

3.- Tema y características.- O tema é RANDUFE en xeral. E pódense enviar un máximo de 3 fotografías por modalidade e concursante, tanto en cor coma en b&n ou a través do teléfono móvil.

Se presentarán obras non premiadas noutros concursos. As fotografías non poderán incluír contidos ilícitos, ofensivos ou discriminatorios, nin lesionar bens ou dereitos, incluídos dereitos de imaxe de terceiros.

Cada imaxe ou irá acompañada dunha breve explicación se fose necesaria.

Na modalidade de fotografía feita co teléfono móvil, a imaxe no terá mais de 2 Mb.

Na modalidad de fotografía tradicional, o tamaño da fotografía será libre e debe ser presentada sobre unha cartulina DIN A4, ou soporte ríxido.

4.- Identificación.

Na modalidade de fotografía feita co teléfono móvil, o concursante deberá indicar no título da fotografía, alomenos unha dirección de email válida, xa que será o medio para notificar o premio os gañadores.

Na modalidade de fotografía tradicional, ao dorso de cada obra o autor deberá facer constar únicamente o título da fotografía.e irán acompañadas dun sobre pechado e identificado co título da obra e un sobre que no seu interior conteña:

- os datos persoais do autor (nome, apelidos, enderezo, DNI , pasaporte, teléfono

de contacto, correo electrónico...)

5.- Presentación.-

O prazo de presentación dos traballos rematará o día 25 de Agosto de 2011.

Os traballos deberán ser entregados nalgunha das seguintes direccións email na modalidade de fotografía co teléfono móvil

avderandufe.concurso@picasaweb.com ou a avderandufe@gmail.com

e/o

na seguinte dirección postal na modalidade de fotografía tradicional:

Apartado de Correos nº 42

36700 Tui.

Tamén pódense entregar no Centro Cultural de Randufe no buzón de sugerencias (a partir das 20:00 hrs.), á atención da Asociación de Veciños de Randufe, poñendo no sobre:.

Concurso Fotográfico “O Retrato de Randufe”

6.- Criterio de valoración e xurado.-

Se constituirá un xurado que se reunirá có obxecto de emitir o seu fallo atendendo, alomenos, aos seguintes criterios:

- A orixinalidade e a adecuación da fotografía ó tema do concurso

O xurado estará conformado por:

Dña. Vanesa Rodríguez Pereira, Concelleira de Educación e Cultura do Concello de Tui.

D. Jose Font Moldes, Director da Radio Municipal de Tui

D. Jose Amancio Muiños González, Presidente da Asociación Cultural y Deportiva Xuntanza de Randufe

D. Diego Alvarez Míguez, Vocal da xunta directiva da Asociación Cultural y Deportiva Xuntanza de Randufe

D. Fco. Javier Alvarez Rivadulla, Vocal de la Asociación de Vecinos de Randufe.

Procederase á exposición pública das fotografías seleccionadas que considere o criterio do xurado, alomenos na Casa Cultural de Randufe, facendo coincidir dita exposición ca Semana Cultural de Randufe 2011.

O Xurado emitirá o seu veredicto o día 2 de Septembro de 2011

A entrega de premios será o día 4 de Septembro de 2011

7.- Premios:

Se establecen os seguintes premios para cada unha das modalidades:

MODALIDADE 1. FOTOGRAFIA mediante TELEFONO MÓVIL.

1º Premio: Placa acreditativa e Teléfono Movil Nokia 5230 (Vodafone)

2º premio: Placa acreditativa e Paseo en catamarán para 2 persoas polo río Miño, por cortesía de Aquamiño

3º premios Placa acreditativa.

MODALIDADE 2. FOTOGRAFÍA TRADICIONAL (dixital ou analóxica)

1º Premio: Placa acreditativa e cea para 2 personas na terraza de verano do Hotel Colón en Tui, por cortesía do Hotel Colón .

2º Premio: Placa acreditativa e Fotolibro, por cortesía de CityLab en Tui.

3º Premio: Placa acreditativa.

8.- Dereitos de autor e condicións de participación:

As fotografías premiadas pasarán a propiedade dos organizadores, que se reservan

tamén o dereito de utilización de calquera das fotografías presentadas para a súa

reproducción, distribución, ou exposición pública, sempre sen afán de lucro, facendo

constar, en todo caso, o nome do autor da fotografía.

9.- Protección de datos:

Os organizadores del Concurso se comprometen a garantir a protección da privacidade

dos fotógrafos e de todas as persoas cuxos datos persoais sexan proporcionados aos

organizadores, e a cumprir coas súas obrigas no que atinxe á protección de datos

personais (acorde á Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter PersonalLOPD).

Polo feito de participar no concurso, os fotógrafos dan o seu consentimento ao uso dos

seus datos personais na forma que se establece neste apartado.

10.- Exposición pública das fotografias e retirada das obras non premiadas:

Os autores das obras no premiadas, poderán recupera-las mesmas o día 7 de Outubro de 2011 no Centro Cultural de Randufe. Se as obras non fosen retiradas, quedarán en propiedade dos organizadores que poderán expoñelas ó público.

As fotos presentadas a través do telefono móvil, poderán verse no noso blog

www.avderandufe.com

e na seguinte dirección web :

https://picasaweb.google.com/AVdeRandufe/DropBox#


nota: Amplíamolo prazo de presentación ata o día 2 de Setembro , o veredicto será o dia 3 de Setembro e a entrega de premios será o dia 4 de Setembro.

1 comentario:

  1. RETRATO DE RANDUFE

    Retratar Randufe non é tarefa ben doada.
    Terras fértiles de auga,
    Historia labrada en pedra dende o principio da especie humana,
    Seu rascacus inscrito de figuras, donde nosos antepasados nos falan,
    Pedras polos camiños escritas, que ben nos retratan,
    “vive ben, cree en Dios, e deixa que falen”

    Retratar Randufe non é tarefa ben doada.
    Dende o alto do Coello, e deslizando a mirada,
    Baixando pola Avelleira, Chans, Dices, Montiño,
    Cruzando pola Guia, baixando polas Valiñas,
    pasando por Corvaceiras, e chegando a Estrada,
    o Miño o seus pes, pasa en calma.

    Retratar Randufe non é tarefa ben doada.
    Seu retrato esta nas Xentes,
    nas suas palabras,
    nas suas miradas,
    nos feitos que casi sempre nos escapan.

    Retratar Randufe non é tarefa ben doada.
    Seus rios, seus muiños,
    Suas minas cheas auga,
    Suas Xentes con esperanza, cheas de ganas.

    Retratar Randufe non é tarefa ben doada.
    A os pes do monte Aloia,
    Foi creando rumores con Historia,
    Pousada de Obispos,
    E de Trasnos detrás das moas con auga,
    Fogos de festas, que levan polo aire a casa do cura,
    Morte da criada mal preñada, camiño de Sombra Boa.
    Loita da xente para crear Escolas,
    Que co paso do tempo, casi non lle queda Historia,

    Retratar Randufe non é tarefa ben doada.
    Si de festas falamos, son tres nas que colaboramos,
    A Guia tenche Igrexia,
    Fatima unha Capilla,
    E San Pedro, que é o mais novo, non pasa de Vitrina.
    Tamen temos Semana Cultural,
    E hasta fogueira de San Xoan,
    Sin esquecernos dos Burros e Fariñeiros,
    Que a veces nos levan da man.

    Retratar Randufe non é tarefa ben doada.

    Moco.

    ResponderEliminar