sábado, 27 de febrero de 2010

Resumo do Pleno Ordinario do Concello de Tui do dia 25 de Febreiro de 2010

O PECH e o PXOM presentes no debate do pleno ordinario

Durante dúas horas reuniuse o xoves a corporación municipal de Tui no pleno ordinario de febreiro. Na mesma foron aprobadas por unanimidade as dúas propostas que se levaban. Por unha parte a aprobación inicial da ordenanza reguladoras das axudas para a rehabilitación de dez vivendas no Casco Histórico de Tui na sétima fase da Área de Rehabilitación, contemplando a posibilidade de que se non houbese dez solicitudes no casco histórico se puidese rehabilitar tamén algunha no rural. O outro punto aprobado por unanimidade foi a solicitude ao Ministerio de Fomento de instalación de pantallas protectoras nos lindes da A-55 ao seu paso por Tui, que o obxecto dunha moción presentada polo BNG.

Gran parte do debate, tanto nestes puntos, coma na quenda de rogos e preguntas centrouse no urbanismo de Tui, en dous puntos concretos a tramitación do Plan Especial do Conxunto Histórico, e na situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Con respecto ao PECH Manuel Freiría do PSdG-PSOE indicaba que o feito de non estar aprobado está a limitar a rehabilitación das casas neste ámbito a simples reparacións, e non establecéndose ningún criterio. Laureano Alonso do BNG insistía en que a aprobación deste plan é “primordial” engadindo que facilitaría a rehabilitación facendo o proceso administrativo máis doado e rápido. Tamén dende Acción Tudense Miguel Capón insistiu en que o PECH é “o instrumento para conseguir axudas”.

Pola súa parte o Alcalde, Antonio Fernández Rocha, expuxo que a aprobación inicial do PECH en 2001 contou co informe favorable da COTOP, pero co desfavorable de Patrimonio que quería que abranguese tamén a área de respecto, punto que non compartía o equipo de goberno. Avanzaba que agora houbo un cambio de criterio e vaise pór en marcha un Plan Especial con dúas ordenanzas unha destinada ao conxunto histórico e outra para a coñecida coma zona de respecto. Por este motivo dicía que as zonas que antes se contemplaban coma PEMCU’s desaparecen ao quedar acollidas nesta segunda ordenanza. Precisamente con ese obxectivo explicaba que nos orzamentos de 2010 incluirase unha partida para a redacción desta normativa urbanística.

Con respecto ao Plan Xeral de Ordenación Municipal que segue pendente do informe de Patrimonio para poder ser avaliado pola Xunta, explicaba Fernández Rocha respondendo ao Partido Socialista que o equipo redactor manterá o martes unha última reunión cos técnicos de Patrimonio. O obxecto dese encontro será analizar un tramo que falta do Camiño de Santiago. Amais disto o equipo redactor ten pendente incluír no traballo complementario solicitado pola Dirección Xeral de Patrimonio 300 dos mil elementos a conservar.

Os grupos da oposición instaban a reunirse co Director Xeral de Patrimonio o co Conselleiro de Cultura, do mesmo xeito que fixeron co de Medio Ambiente e Infraestruturas, para tratar de desbloquear a situación do PXOM.

Amais destes asuntos sobre a mesa estivo tamén unha solicitude do Partido Socialista para que o concello inspeccione de xeito inmediato a situación dos parques infantís do municipio. Nese senso Manuel Freiría presentou unha detallada relación coas deficiencias que presentan estas instalacións co conseguinte perigo para os nenos.

Tamén dende o PSOE, Pablo Alonso, fixo fincapé no feito de que restan 500 persoas para que Tui chegue aos 20 mil habitantes o que conlevaría recibir máis cartos do Estado. Por este motivo expuña que é interesante que a xente se empadroe no municipio.

Por outra parte respondendo a preguntas de Juan Miguel Diz Guedes, de TUI, o rexedor tudense explicou que a próxima semana, martes ou mércores, arquitectos de Patrimonio achegaranse a Tui para facer o proxecto de rehabilitación de 4 ou 5 muíños no Tripes nunha primeira fase. Indicaba que a Dirección Xeral de Patrimonio fará a rehabilitación, e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza unha senda. Amais os técnicos de Patrimonio que a semana que vén estarán en Tui estudarán tamén a posta en marcha na cárcere vella a posta en marcha dunha Aula de Interpretación do Conxunto Histórico.

Tamén explicaba o rexedor que no mes de marzo o Concello asinará coa Consellería Traballo e Benestar un convenio para a construción da gardería e do centro de día, para o que nos orzamentos deste ano terá que ir unha partida de 60 mil euros. A gardería podería estar finalizada este ano, e o centro de día en 2011.

Amais na quenda de mocións foron presentadas 5. A primeira do Partido Socialista propuña pór en marcha para esta temporada turística pda con gps con rotas e información turística da cidade. O tema quedou sobre a mesa para o seu estudo en comisión.

O BNG solicitaba en sendas mocións revisar o tramo de beirarrúas dende Guillarei a Areas, especialmente nas Bornetas, para eliminar as barreiras arquitectónicas, así como a instalación dunha pantalla vexetal para minimizar o impacto visual da EDAR de Guillarei, outra moción sobre a fusión das caixas galegas. Todas quedaron sobre a mesa para ser levadas a comisión.

O BNG presentou outra moción sobre o Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo, que foi desestimada ao non prosperar a urxencia.

fuente: Galicia Suroeste

viernes, 26 de febrero de 2010

Randufe e o Centro Cultural de Randufe en Google Earth

Randufe en Google Earth

descarga Google Earth

Atrapado na Caixa de Cerillas

Achegannos estas fotografias tomadas por un vecino o 24 de Febreiro as 15:30 hrs, no paso por baixo da autovia na Guia, conecido coma "A caixa de cerillas".
Este problema ocurre algunhas veces durante o ano, pero e moi frecuente, que incluso con chuvias febles, o paso se encha de auga e ainda que permite o paso dos turismos, non permite o paso das persoas.
Onte dia 26 de Febreiro, no pleno ordinario do Concello de Tui o Alcalde Antonio Feliciano Rocha comprometeuse a estudiar a posible solucion a este problema.





domingo, 21 de febrero de 2010

Asamblea Xeral Asociacion Veninos de Randufe

Fotografias da Asamblea Xeral do dia 20 de Febreiro de 2010


Socios e veciños de Randufe



Alguns membros da Directiva