jueves, 30 de diciembre de 2010

Rogo para o pleno do día 30-12-2010,

Rogo para o pleno do día 30-12-2010,

Sr Alcalde, como representantes da Asociación de Veciños de Randufe queremos rogarlle que, a maior brevidade posible se restableza o servizo de alumenado público en diferentes puntos da parroquia (Montiño, Pociño...) nos que non o temos dende o pasado mes de Novembro. Tal como xa solicitamos polo rexistro de entrada ( con copia en man a súa secretaria) pensamos que a falta de este servizo supón entre outro un problema de seguridade para os veciños, e ainda que non somos nos quen determine a causa efecto, si podemos constatar feitos, facemoslle saber que en estes dias en dous barrios donde falta o alumeado levaronse a cabo roubos , isto fai que a preocupación nos veciños aumente.

Aproveitamos tamen a circunstancia para rogarlle que atenda as peticións que o longo do ano fomos facendo dende esta Asociación pasadas polo rexistro de entrada do Concello e copia a súa secretaria , tamén publicadas no noso blog, e que tal como se falara o comenzo do ano nos dea as citas solicitadas ou derive algun responsable.

Sen outro particular desexamoslle a vostede e a toda corporación un Feliz Aninovo, esperando que os desexos de todos poidan verse cumpridos.

Randufe a 30 de Decembro de 2010

A/A do Sr. Alcalde de Tui, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha




Este documento , foi entregado no rexistro de entrada do Concello de Tui.

Tamen indicar que o seu contenido foi exposto no turno de rogos e preguntas do pleno ao Alcalde en funcións Moisés Rodríguez

martes, 28 de diciembre de 2010

Numero da RIfa da CESTA DE NADAL da Festa de Guia 2011

O número da rifa da CESTA DE NADAL da Festa da Guia 2011 é o

9.250,

aínda non apareceu o agraciado.