domingo, 2 de mayo de 2010

Marquesina Pousa do Bispo

Fainos chegar esta fotografia un dos nosos asociados.


Tratase da marquesina sita na Pousa do Bispo. Dita Marquesina e insuficiente por pequena e ademais, como se observa na fotografia, non se fai o oportuno desbroce periodico. Agora para chegar ata ela, os nenos e os pais han de sortea-la maleza.

Rogamos as autoridades competentes no Concello, tomen "medidas", cambien a marquesina e desbrocen periodicamente.

Resumo de Pleno Ordinario do 29 de Abril de 2010

O pasado Xoves no pleno ordinario do Concello de Tui, o concelleiro do Partido Socialista, Manuel Freiria, reordou o Alcalde a peticion feita xa nun pleno anterior e que sigue sin resolover relativo a:

- A antiga escola situada a beira da estrada de Tui-Gondomar non esta o suficientente vallada de forma que se impida o acceso a un edifico parte dos cristais das ventas tanto colodadas como tiradas poden representar un perigo para maiores nenos que pola sua curiosidade podan aceder a este recinto, ademas empregase en diferente ocasión por persoas da parroquia o seu recinto como zona de estacionamento.

http://avderandufe.blogspot.com/search/label/peticions

Esta peticion, ainda pendente, e que esta Asociacion fixo por registro de Entrada no Concello ala polo 18 de Novembro de 2009, afecta a seguridade das persoas e dende aqui reiteramos o Concello a urxencia de resolve-la peticion.

Tamen publicamos aqui o resumo que fai do pleno Galicia Suroeste


O Pleno acorda a baixada do prezo das vivendas de Caldelas para poder acollerse a subvencións

A corporación municipal de Tui aprobou onte con 13 votos a favor, tres votos en contra e unha abstención a modificación das bases para a adxudicación das vivendas sociais do antigo cuartel de Caldelas que restan por vender. Segundo explicaba o alcalde, Antonio Fernández Rocha, proponse unha variación dos prezos á baixa para que os posibles interesados poidan acollerse ás axudas establecidas no Plan Estatal de Vivenda 2009-2012, e para iso, explicaba, foi preciso adaptar o módulo ao prezo que é subvencionable.

Dende o Partido Socialista, o seu voceiro, Manuel Freiría, espuxo que esta era a terceira vez que as bases viñan a pleno, e que desta volta melloráronse notablemente as condicións de venda. Engadía que o PSOE íase abster porque non comparten esta promoción de vivendas por parte do concello, e expuña que non telas adxudicadas ata o momento “pon de manifesto o fracaso do goberno de sacar adiante as vivendas sociais”.

Dende o BNG, Laureano Alonso, foi tamén crítico con esta promoción de vivendas e dicía que da súa venda depende o Plan Xeral porque os 1,2 milóns previstos de ingresos destinaríanse a mercar terreos para servizos e equipamentos. Lembraba que a proposta nacionalista sempre foi que a promoción de vivenda fose realizada por outros organismos e non polo Concello, e tamén recordaba que propuxeron ante a dificultade da venda, a opción do aluguer. Por último dicía o voceiro nacionalista que “non imos apoiar isto, e creo que os cidadáns de Tui teñen que ser conscientes do problema que temos diante, de neglixencia na actuación e de erro político”.

Tamén dende o BNG Carmen Verde preguntaba ao alcalde se pensara no agravio comparativo que se produce cos catro propietarios que xa mercaron as súas vivendas no antigo cuartel, logo da baixa de prezos que se ía acordar. Fernández Rocha manifestaba que tamén se tentará axudar a esa xente.

Dende Acción Tudense Miguel Capón sinalaba que “isto é algo que hai que resolver independentemente de que dende o primeiro momento non estivemos de acordo”.

O punto era finalmente aprobado por maioría absoluta.



O Concello de Tui solicitará un obradoiro de emprego sobre medio ambiente e Servizos Sociais

O concello de Tui vai solicitar un obradoiro de emprego segundo acordou no pleno ordinario por unanimidade a corporación aprobando a moción presentada nese senso polo BNG.

Laureano Alonso, voceiro do BNG, explicaba que cos obradoiros de emprego crearanse postos de traballo e ao tempo poderase restaurar o patrimonio. O Alcalde, Antonio Fernández Rocha, sinalaba que estase a traballar nun Obradoiro de Emprego relacionado co Medio Ambiente para recuperar unha ruta en Caldelas que contará cos módulos de xardineiría, fontaneiría, carpintería e canteiría. No mesmo formaranse durante un período de entre 12 e 18 meses alumnos-traballadores maiores de 25 anos. Tamén se solicitará outro sobre Servizos Sociais.

Dende o Partido Socialista reclamábase tamén que se teña en conta que a franxa de idade na que máis afecta o paro na zona é a partir dos 45 anos.

Por unanimidade saíu adiante tamén no pleno o apoio do Concello de Tui ao proxecto “Campus do Mar” que presentan as tres universidades galegas para acceder á distinción de Campus de Excelencia Internacional.

Na quenda de mocións de urxencia, acordouse, por unanimidade, a proposta de Acción Tudense felicitar á Escola Municipal de Baloncesto polo dobre ascenso conseguido polo seus equipos senior.

Sobre a mesa quedaron, para o seu estudo en Comisión, dúas mocións presentadas polo BNG. Unha delas ten por obxecto unha solicitude do Bloque ao Goberno Galego para retirar o anteproxecto de lei que pretende eliminar o Servizo Galego de Igualdade que leva funcionando máis de 20 anos. A outra moción solicita o apoio da corporación para instar ao grupo de goberno á redacción do Plan Especial do Conxunto Histórico.

Sobre este asunto o alcalde informou que o concello xa solicitou unha subvención á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para a redacción do PECH, ao tempo que o arquitecto técnico da Área de Rehabilitación Integral fixo un valoración da situación do PECH.

No pleno o Alcalde respondendo a preguntas do PSOE, informaba que o próximo martes os representantes dos distintos grupos políticos manterán unha reunión ás 19.30 horas con Roberto Aya do equipo redactor do PXOM.