viernes, 11 de mayo de 2012

REUNIÓN CO SR. EXCMO. ALCALDE NO DÍA 09 Maio 2012, PARA O SEGUIMENTO DAS PETICIÓNS FEITAS O 19 DE OUTUBRO DE 2011. (CANCELADA)


Este foi o documento, que pasamos por rexistro de entrada no Concello de Tui, e que íbamos a utilizar de soporte, para a nosa reunión co Excmo. Sr. Alcalde de Tui, na cita que tiñamos concertada hai tempo con él para as 19:30 hrs do día 9 de Maio de 2012. 
Unha vez presentados os membros da Asociación de Veciños de Randufe no Concello, a hora fixada para á cita, comunican-nos que o Alcalde non estaba. 
Procedimos entón, a deixar unha copia de éste documento, indicando que esperabamos unha chamada telefónica, para darnos unha nova cita e tratar os asuntos aquí descritos co Alcalde, tal e como él mesmo solicitou na anterior reunión.


------------------------------------------------------------------------------------------------------------

REUNIÓN CO SR. EXCMO. ALCALDE NO DÍA 09 Maio 2012, PARA O SEGUIMENTO DAS PETICIÓNS FEITAS O 19 DE OUTUBRO DE 2011.
A/A Sr. Exmo. Alcalde de Tui Moises Rodríguez Pérez

 Esta nota ven a dar conta da reunión mantida con vostede no día 19-oct-2011, mediante a cal a nosa Asociación puxo directamente no seu coñecemento cales son as demandas e colaboración que pedimos ao Exmo. Concello de Tui, asi como manifestar as inquietudes deste grupo que representa a unha parte importante dos nosos veciños- Eliminaronse as realizadas e sumamos novas peticións (14-15-16-17-18-19)

Numeramos de seguido cales foron os asuntos que levamos a esta reunión:

 1_Colocación de marquesinas (Chans, Chagüen e Pousa do Bispo) nas paradas do IES San Paio.PENDENTES

2_Estado informe sobre as emisión da antena de telefonia sita en Quiringostas.PENDIENTE.

3_Vertidos ao rio (Mañiscas). Solucionar.PENDENTES._Solicitar proyecto del Aguas de Galicia.

4_Estado da Escola Vella de Randufe. Recuperación e posibles usos para este edificio.PROPOSTA :CENTRO SOCIAL, ESCOLA INFANTIL.


5_Acercar o PUNTO LIMPO os veciños mediante accións como recollidas planificadas.PENDENTES. Hai plan de reciclaxe.

6_Reparación de arquetas, puntos de agua + mantenemento de limpeza de canalons no recinto e palco de Chans.PENDENTES.


07_Incluir na saida da autovia “Randufe” xunto con Gondomar e Tui. PENDENTES

08_ Mellorar a seguridade escolar na zona do Cruceiro. Cruzase a carretera (rapazes do IES) nunha zona de pouca visibilidade e sen negún tipo de sinalización.PENDENTES




09_Acumulación de aguas pluviais que impiden a circulación libre no paso inferior da autovia na carretera A Guia- Valiñas.PENDENTES

10_Problemas de visibilidade na saida da Casa Cultura de Randufe na incorporacion a estrada Tui-Gondomar, provocada polo estacionamento de vehiculos e deposito de contenedores. Bolardos ?.PENDENTES.

11_Dar continuidade a acera que nos leva a Tui no tramo entre rotonda Pousa do Bispo e acceso a autovia Vigo-Portugal.PENDENTES


12_Recuperación e adecuación da zona dos Petroglifos catalogados e en estado de abandono.PENDENTES


13_Estado Proxecto e Obras do novo Centro de Saude e Escola Infantil.INFORMASE PERO SE CREE QUE HAI DEMASIADO OPTIMISMO POR PARTE DO ALCALDE.

14_Fijación de carteis baixo a Ponte da Pousa. Copiar de Valença soportes de anuncios.NOVA

15_Estado accesos da VAC Tui-A Garda.NOVA

16_Corte pinos do colexio. Informar.NOVA
17_ Resolución de Alcaldia , orde de execucion de maleza expediente 15/2011. Denunciada sociedad mercantil Pousa do Bispo_Conociendo que o Concello con fecha de saida 2 de abril de 2012 responde a Sociedade cunha reportaxe fotografica das parcelas ,e supuestamente habendo trancurridos 10 dias desde dita notificación proceda a execución subsidiaria do ordenado por persoal deste Concello correndo os gastos por parte do interesado.NOVA
            18_Maleza no acceso o Poligono desde Randufe . Toxos na carretera.NOVA

            19_ Poda de arbores no colexio de Randufe , as ramas invaden a vía publica e deterioran o cerramento perimetral.NOVA

 Dende esta Asociación, pideselle ademais, que se lle teña en conta para todas aquelas petición que se pidan para os nosos veciños. Pensamos que se debe contar cos movementos asociativos como interlocutores validos para a canalización de demandas de interese público que axuden a conseguir resultados que nos beneficien a todos. SEGUIMOS IGUAL QUE ANTES. RECENTE ACTUACIÓN NO CHAN DO CARRASCO (“ADECENTAMENTO”)


O Presidente

Telmo Alfaya Perez

martes, 20 de marzo de 2012

REUNIÓN CO SR. EXCMO. ALCALDE NO DÍA 1 FEB 2012, PARA O SEGUIMENTO DAS PETICIÓNS FEITAS O 19 DE OUTUBRO DE 2011. (as observacións en cor amarelo)

Folla 1 de 2

A/A Sr. Exmo. Alcalde de Tui Moises Rodríguez Pérez

Esta nota ven a dar conta da reunión mantida con vostede no día 19-oct-2011, mediante a cal a nosa Asociación puxo directamente no seu coñecemento cales son as demandas e axudas que pedimos ao Exmo. Concello de Tui, asi como manifestar as inquietudes deste grupo que representa a unha parte importante dos nosos veciños.

Numeramos de seguido cales foron os asuntos que levamos a esta reunión:

1_Colocación de marquesinas (Chans, Chagüen e Pousa do Bispo) nas paradas do IES San Paio.PENDENTES

2_Estado informe sobre as emisión da antena de telefonia sita en Quiringostas.

3_Vertidos ao rio (Mañiscas). Solucionar.PENDENTES

4_Estado da Escola Vella de Randufe. Recuperación e posibles usos para este edificio.PIDE QUE SE APORTEN IDEAS PARA O SEU USO

5_Execución de muro en Bornetas, con permuta de muro por terreo.PENDENTES

6_Acercar o PUNTO LIMPO os veciños mediante accións como recollidas planificadas.PENDENTES

7_Mellora do valado dos parque infantil de Chans e cancha “·madeira” nas instalacións deportivas Alvarez Durán.REALIZADO

8_Reparación de arquetas, puntos de agua + mantenemento de limpeza de canalons no recinto e palco de Chans.PENDENTES

9_Restablecer, se é posible, o acceso a parroquia de Areas dende o barrio de Arcos.REALIZADO

10_Incluir na saida da autovia “Randufe” xunto con Gondomar e Tui.PENDENTES

11_ Mellorar a seguridade escolar na zona do Cruceiro. Cruzase a carretera (rapazes do IES) nunha zona de pouca visibilidade e sen negún tipo de sinalización.PENDENTES

12_Acumulación de aguas pluviais que impiden a circulación libre no paso inferior da autovia na carretera A Guia- Valiñas.PENDENTES

13_Problemas de visibilidade na saida da Casa Cultura de Randufe na incorporacion a estrada Tui-Gondomar, provocada polo estacionamento de vehiculos e deposito de contenedores.PENDENTES

14_Dar continuidade a acera que nos leva a Tui no tramo entre rotonda Pousa do Bispo e acceso a autovia Vigo-Portugal.PENDENTES


Asociación de Veciños de Randufe

NIF DA ASOC.: G36338549

Casa Cultural de Randufe s/n

36713 Tui

Folla 2 de 2

15_Perigo de derrube de muro + limpeza de fincas en Pociño. Mantemento de cunetas .REALIZADO

16_Recuperación e adecuación da zona dos Petroglifos catalogados e en estado de abandono.PENDENTES

17_Conservación do espazo “Alto do Coello” (Recollida de basura)REALIZADO

18_Mellora do espazo que se emprega como parking público detras do edificio da Area Panorámica.Pavimentación.REALIZADO

19_Estado Proxecto e Obras do novo Centro de Saude e Escola Infantil.INFORMASE PERO SE CREE QUE HAI DEMASIADO OPTIMISMO POR PARTE DO ALCALDE

Dende esta Asociación, pideselle ademais, que se lle teña en conta para todas aquelas petición que se pidan para os nosos veciños. Pensamos que se debe contar cos movementos asociativos como interlocutores validos para a canalización de demandas de interese público que axuden a conseguir resultados que nos beneficien a todos. PARECE SER QUE NON FUNCIONA, ACTUACIÓN EN CHANS, PALCO MUSICA...

Solicitamos ademais o seu compromiso de establecer un calendario de reunións con vostede donde poidamos ir transmitindo as nosas e demandas e inquietudes.REALIZADO 1 CADA 1,5 MESES

Esperamos que o Concello poida ir realizando accións encamiñadas a resolver as nosas demandas que serán revisadas na vindeira reunión ( ene-12)AS OBSERVACIÓNS SON RECOLLIDAS NA REUNIÓN DE SEGUIMENTO DDO DÍA DO DÍA 1 FEB-2012

O Presidente

Telmo Alfaya Perez

lunes, 19 de marzo de 2012

ACTA ASEMBLEA XERAL 2011


Asociación de Veciños de Randufe

NIF.: G36338549

Casa Cultural de Randufe s/n

36713 Tui

avderandufe@gmail.com

ACTA ASEMBLEA XERAL 2011

Correspondente á Asemblea Xeral Anual Ordinaria, celebrada o día vinteseis de febreiro de dousmil once (26-feb-2011), no Centro Cultural de Randufe.

No lugar e data referidos no parágrafo anterior, sendo as 20h.30’, non habendo quórum (1/3 dos socios), a xunta directiva acorda pospoñer a Asamblea para a segunda convocatoria.

Cando son as nove horas e doce minutos (21h.12) o Sr. Presidente abre a sesión, dandolle a benvida ós asistentes e agradecendollela súa presencia. Son os asistentes a mesma reunión un número total de 42 .

O Sr. Presidente informa dos puntos que conten a orde do día desta convocatoria e que a saber son :

1-Lectura e aprobación da ACTA anterior, se procede.

2-Estado de contas ( Ingresos/Gastos no exercicio 2010)

3-Actualización de Socios (Altas/Baixas).

4-Memoria relativa ao exercicio do ano 2010

5-Proxecto e presuposto para o ano en curso (2011)

6-Rogos e preguntas.

O Sr Presidente dalle a palabra o Secretario para que faga a lectura do Acta Anterior para que sexa sometida a aprobación. Unha vez leida sometese a votación aprobandose por unanimidade dos asistentes.

O Sr Presidente dalle a palabra a Tesoureira para que informe do estado de contas refletindo os movementos do ano 2010 que se resume en : Ingresos 661,67 € e Gastos 448,9 € sendo o saldo actual da conta desta Asociación de 1834,92 €. Informase os asistentes que o cobro de recibos correspondentes o ano 2010 non estan incluidos neste saldo pois estanse a levar a cabo durante o ano 2011.Sometense as contas a aprobación e son aprobadas pola unanimidade dos asistentes.

O Sr Presidente dalle a palabra o Secretario para que informe das altas e baixas durante o ano 2011 que se resume en +24 altas e -8 baixas ( 4 voluntarias e 4 falecidos) sendo o o numero de socios desta Asociación a día 31.12.2010 é 221+24-8 = 235 Socios.

O Sr Presidente dalle a palabra o Vicepresidente para que expoña a Memoria relativa o exercicio do ano 2010. O Vicepresidente enumera as actuacións nas que participou esta directiva e o seu estado:

· Peticion o Concello de Marquesina para os rapaces do IES Sampaio na parada de Chans. Pendente de resolver.

· Peticion o Concello de mellora da seguridade na zona de Cruceiro na parada do bus do IES Sampaio.Pendente de resolver.

· Ampliacion da marquesina na zona de Pousa do Bispo e posible tralado da sua ubicación actual a beirarua a altura do paso de cebra. Pendente de resolver.

· Limpeza de maleza en diferentes puntos da parroquia en balados e beiraruas. Resoltos os solicitados.

· Rehabilitacion da Vella Escola de Randufe. Informa os asistentes que o Concello dispon xa dun proxecto pero que non se fará público de momento. Conseguese que se retiren as ventas rotas e se tapie con tablons de madeira. Pideselle o Sr Alcalde que nos informe sobre unha subvención que foi destinada para a sua rehabilitación por un importe de 40.000 € aprox. Non se recibe contestación por parte do Sr Alcalde.

· Solicitase asfaltado para diferentes carreteras da Parroquia. Resolto.

· Peticions o Concello ( inclisive participacións en plenos municipais) de restablecemento do alumeado público nas zonas que continuan pendentes despois de os roubos de cabelado. O Concello informa que esta rematando os ultimos tramos pero a alta demanda fai que non poida atender todo a un tempo.

· Seguimento das obras da Via de Alta Capacidade Tui-A Guarda o seu paso pola parroquia de Randufe sendo sensibleas a posibilidade que se elemine o acceso desde Arcos o Poligono Industria de Areas. Informannos dende o Concello que o acceso manterase.

· Rehabilitación Parque infantil do Chan do Carrasco, equipamentos e cerramentos. Rehabilitase o seu piso quedando o resto pendente.

· Notificacion o Concello do estado do Cruceiro que se atopa nas inmediacións da Casa Cultural por perigo de derrube.Informasenos dende o Concello que esta pendente de valoración de Patrimonio para a actuación correspondente.

· Diferentes intervencións nos plenos municipais demandando asuntos como a falta de alumeado publico advertindo das consecuencias que derivan desta situación como son a falta de seguridade. Se informa dende o Concello que estan en vias de execución.

· Envianse peticion e solicitanse reunións co Sr Alcalde para o trato dos asuntos que se reclaman e que entre eles se citan :

Accesos a rede WIFI na casa cultural ( de uso restinxido a equipos habilitados).

Recuperacion dos Petrogligos.

Verquido de auga na estrada Tui – Gondomar a altura do Quilometro 1 aprox.

· Organización da Fogueira de San Xoan.

· Para rematar informase o Sr Alcalde non nos recibe, despois da aparición nos medios da noticia da subvencion da Escola Vella de Randufe e a pregunta de súa falta de atención a esta Asociacion consultada nun pleno en rogos e preguntas contesta que a Asociación pode dirixirse o pedaneo da Parroquia.

· Actualización das nosas tareas no blog que ten habilitado na web a nosa Asociación avderandufe.com.

O Sr Vicepresidente dalle a palabra o vocal Javier Alvarez para que nos amose o funcionamento do noso blog proxetando nunha pantalla para que se poidan ver a súas partes.

O Sr Presidente dalle a palabra o Secretario para que informe do presuposto e obxectivos que se pretenden para o ano 2011.

· O presuposto resumese en:

· Gastos Asemblea 100 €

· Mantemento do dominio na web 30 €

· Placas a personas maiores na Guia 130 €

· Gastos fotocopias e material oficina 30 €

· Gastos Fogueira San Xoan 600 € ( coste do seguro DRC supón o 50%)

· Total estimado 890 €

· Os proxectos para 2011 resumense en:

· Recuperación de petroglifos.

· Curso de acceso a internet

· Elaboración de un Mapa de Randufe ( unha vista aerea)

· Concurso Fotografico

· Fogueira San Xoan

· Tratamento de peticións dos socios.

A directiva invita expresamente a todolos socios que se animen a participar e implicarse nas tareas propostas.

Fora da orde do día e dada a situación económica actual se pregunta a Asemblea sobre a necesidade de seguir a cobrar os recibos anuais mentras a Asociación dispoña de fondos, sometese a votación e aprobase por mayoria continuar aplicando os cobros previstos de 5 € anuais. Proponse durante o debate a posibilidade de facer unha festa do socio.

Rematados os 5 primeros puntos do orde do día o Sr Presidente abre o turno para o tempo de rogos e preguntas que se resumen a continuación:

· Un socio expresa a sua opinión polo estado actual dos Petroglifos , indicando que a recuperacion deberia ir acompañado dun plan de conservación e protección ou en caso contrario opina que mellor non tocar. Un membro da directiva informalle do que se esta a facer en outros lugares con este asunto.

· Un socio propón que na festa da Fogueira os socios teñan un trato preferencial. Outro socio pregunta se estamos finaciando a Fogueira coa venta de rifas. Se ira valorando este asunto.

· Outro socio opina que non lle gustou o trato que nos deu o Sr Alcalde cando no pleno a pregunta dun membro desta directica a pregunta de que por non recibia a esta Asociacion respondeu que na parroquia tiñamos un pedaneo para tratar os asuntos con el e invitanos a formular unha protesta mais enérxica. Os membros da rirectiva recoñecen esta apreciación.

· Un socio pregunta se sabemos a cantidade que o Concello destinou a rehabilitación da Escola Vella, se lle comenta que o temos publicado no blog e que ronda os 40.000 €. Se informa que lle pedimos unha explicación por escrito pero que a día de hoxe non temos resposta. Outro socio que he membro da corporación municipal informa que o seu grupo se informou e que foi unha subvencion invertida en gastos persoal invitamolo a que se hai algún documento publico que se poida facilitar que o achege a esta Asociación. Faise un recordo da historia da Escola Vella de Randufe. Un socio di que o importante e que entre todos tratemos de buscarlle un uso. Se di que desde a Asociación se poden propoñer usos con fins sociais.

· Outro socio pide que no parque de Chans se valle porque dada a sua proximidade a estrada pode sair algun neno e poñerse en perigo.

O Presidente dirixese os asistentes levantando a sesión cando son as 22:00 horas e invitandoos a un viño no anexo a sala da Asemblea.

O Presidente O Secretario

Telmo Alfaya Perez F. Javier Oliveira Barros

lunes, 5 de marzo de 2012

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da Asociación de Veciños de Randufe, o día 17 de Marzo 2012



Asociación de Veciños de Randufe

NIF.: G36338549

Casa Cultural de Randufe s/n

36713 Tui

avderandufe@gmail.com

A Asociación de veciños de Randufe convoca a os seus socios á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA correspondente ao ano que andamos e que celebraremos o próximo día 17 de Marzo 2012, sábado; ás 20:30Hr, en primeira convocatoria e ás 21:00 Hr, en segunda; no Centro Cultural de Randufe.

A orde do día será a seguinte:

1-Lectura e aprobación da ACTA anterior, se procede.

2-Estado de contas ( Ingresos/Gastos no exercicio 2011)

3-Actualización de Socios (Altas/Baixas).

4-Memoria relativa ao exercicio do ano 2011

5-Proxecto e presuposto para o ano en curso (2012)

6-Rogos e preguntas.

Remataremos esta convocatoria compartindo un momento todos xuntos, tomando un viño e “picando” algo.

Ademais o remate celebraremos un pequeno sorteo entre os asistentes.

Esperamos contar coa súa presenza, e para que os acordos que adoptemos , sexan o máis acertados e democráticos posible, AGARDÁMOLAS/OS.

Randufe de Febreiro do 2012

Telmo Alfaya Pérez (Presidente)

Visitanos en avderandufe.com ou ponte en contacto avderandufe@gmail.com