Folla 1 de 2
A/A Sr. Exmo. Alcalde de Tui Moises Rodríguez Pérez
Esta nota ven a dar conta da reunión mantida con vostede no día 19-oct-2011, mediante a cal a nosa Asociación puxo directamente no seu coñecemento cales son as demandas e axudas que pedimos ao Exmo. Concello de Tui, asi como manifestar as inquietudes deste grupo que representa a unha parte importante dos nosos veciños.
Numeramos de seguido cales foron os asuntos que levamos a esta reunión:
1_Colocación de marquesinas (Chans, Chagüen e Pousa do Bispo) nas paradas do IES San Paio.PENDENTES
2_Estado informe sobre as emisión da antena de telefonia sita en Quiringostas.
3_Vertidos ao rio (Mañiscas). Solucionar.PENDENTES
4_Estado da Escola Vella de Randufe. Recuperación e posibles usos para este edificio.PIDE QUE SE APORTEN IDEAS PARA O SEU USO
5_Execución de muro en Bornetas, con permuta de muro por terreo.PENDENTES
6_Acercar o PUNTO LIMPO os veciños mediante accións como recollidas planificadas.PENDENTES
7_Mellora do valado dos parque infantil de Chans e cancha “·madeira” nas instalacións deportivas Alvarez Durán.REALIZADO
8_Reparación de arquetas, puntos de agua + mantenemento de limpeza de canalons no recinto e palco de Chans.PENDENTES
9_Restablecer, se é posible, o acceso a parroquia de Areas dende o barrio de Arcos.REALIZADO
10_Incluir na saida da autovia “Randufe” xunto con Gondomar e Tui.PENDENTES
11_ Mellorar a seguridade escolar na zona do Cruceiro. Cruzase a carretera (rapazes do IES) nunha zona de pouca visibilidade e sen negún tipo de sinalización.PENDENTES
12_Acumulación de aguas pluviais que impiden a circulación libre no paso inferior da autovia na carretera A Guia- Valiñas.PENDENTES
13_Problemas de visibilidade na saida da Casa Cultura de Randufe na incorporacion a estrada Tui-Gondomar, provocada polo estacionamento de vehiculos e deposito de contenedores.PENDENTES
14_Dar continuidade a acera que nos leva a Tui no tramo entre rotonda Pousa do Bispo e acceso a autovia Vigo-Portugal.PENDENTES
![]() |
Asociación de Veciños de Randufe
NIF DA ASOC.: G36338549
Casa Cultural de Randufe s/n
36713 Tui
Folla 2 de 2
15_Perigo de derrube de muro + limpeza de fincas en Pociño. Mantemento de cunetas .REALIZADO
16_Recuperación e adecuación da zona dos Petroglifos catalogados e en estado de abandono.PENDENTES
17_Conservación do espazo “Alto do Coello” (Recollida de basura)REALIZADO
18_Mellora do espazo que se emprega como parking público detras do edificio da Area Panorámica.Pavimentación.REALIZADO
19_Estado Proxecto e Obras do novo Centro de Saude e Escola Infantil.INFORMASE PERO SE CREE QUE HAI DEMASIADO OPTIMISMO POR PARTE DO ALCALDE
Dende esta Asociación, pideselle ademais, que se lle teña en conta para todas aquelas petición que se pidan para os nosos veciños. Pensamos que se debe contar cos movementos asociativos como interlocutores validos para a canalización de demandas de interese público que axuden a conseguir resultados que nos beneficien a todos. PARECE SER QUE NON FUNCIONA, ACTUACIÓN EN CHANS, PALCO MUSICA...
Solicitamos ademais o seu compromiso de establecer un calendario de reunións con vostede donde poidamos ir transmitindo as nosas e demandas e inquietudes.REALIZADO 1 CADA 1,5 MESES
Esperamos que o Concello poida ir realizando accións encamiñadas a resolver as nosas demandas que serán revisadas na vindeira reunión ( ene-12)AS OBSERVACIÓNS SON RECOLLIDAS NA REUNIÓN DE SEGUIMENTO DDO DÍA DO DÍA 1 FEB-2012
O Presidente
Telmo Alfaya Perez
No hay comentarios:
Publicar un comentario