![]() |
Asociación de Veciños de Randufe
NIF.: G36338549
Casa Cultural de Randufe s/n
36713 Tui
avderandufe@gmail.com
ACTA ASEMBLEA XERAL 2011
Correspondente á Asemblea Xeral Anual Ordinaria, celebrada o día vinteseis de febreiro de dousmil once (26-feb-2011), no Centro Cultural de Randufe.
No lugar e data referidos no parágrafo anterior, sendo as 20h.30’, non habendo quórum (1/3 dos socios), a xunta directiva acorda pospoñer a Asamblea para a segunda convocatoria.
Cando son as nove horas e doce minutos (21h.12) o Sr. Presidente abre a sesión, dandolle a benvida ós asistentes e agradecendollela súa presencia. Son os asistentes a mesma reunión un número total de 42 .
O Sr. Presidente informa dos puntos que conten a orde do día desta convocatoria e que a saber son :
1-Lectura e aprobación da ACTA anterior, se procede.
2-Estado de contas ( Ingresos/Gastos no exercicio 2010)
3-Actualización de Socios (Altas/Baixas).
4-Memoria relativa ao exercicio do ano 2010
5-Proxecto e presuposto para o ano en curso (2011)
6-Rogos e preguntas.
O Sr Presidente dalle a palabra o Secretario para que faga a lectura do Acta Anterior para que sexa sometida a aprobación. Unha vez leida sometese a votación aprobandose por unanimidade dos asistentes.
O Sr Presidente dalle a palabra a Tesoureira para que informe do estado de contas refletindo os movementos do ano 2010 que se resume en : Ingresos 661,67 € e Gastos 448,9 € sendo o saldo actual da conta desta Asociación de 1834,92 €. Informase os asistentes que o cobro de recibos correspondentes o ano 2010 non estan incluidos neste saldo pois estanse a levar a cabo durante o ano 2011.Sometense as contas a aprobación e son aprobadas pola unanimidade dos asistentes.
O Sr Presidente dalle a palabra o Secretario para que informe das altas e baixas durante o ano 2011 que se resume en +24 altas e -8 baixas ( 4 voluntarias e 4 falecidos) sendo o o numero de socios desta Asociación a día 31.12.2010 é 221+24-8 = 235 Socios.
O Sr Presidente dalle a palabra o Vicepresidente para que expoña a Memoria relativa o exercicio do ano 2010. O Vicepresidente enumera as actuacións nas que participou esta directiva e o seu estado:
· Peticion o Concello de Marquesina para os rapaces do IES Sampaio na parada de Chans. Pendente de resolver.
· Peticion o Concello de mellora da seguridade na zona de Cruceiro na parada do bus do IES Sampaio.Pendente de resolver.
· Ampliacion da marquesina na zona de Pousa do Bispo e posible tralado da sua ubicación actual a beirarua a altura do paso de cebra. Pendente de resolver.
· Limpeza de maleza en diferentes puntos da parroquia en balados e beiraruas. Resoltos os solicitados.
· Rehabilitacion da Vella Escola de Randufe. Informa os asistentes que o Concello dispon xa dun proxecto pero que non se fará público de momento. Conseguese que se retiren as ventas rotas e se tapie con tablons de madeira. Pideselle o Sr Alcalde que nos informe sobre unha subvención que foi destinada para a sua rehabilitación por un importe de 40.000 € aprox. Non se recibe contestación por parte do Sr Alcalde.
· Solicitase asfaltado para diferentes carreteras da Parroquia. Resolto.
· Peticions o Concello ( inclisive participacións en plenos municipais) de restablecemento do alumeado público nas zonas que continuan pendentes despois de os roubos de cabelado. O Concello informa que esta rematando os ultimos tramos pero a alta demanda fai que non poida atender todo a un tempo.
· Seguimento das obras da Via de Alta Capacidade Tui-A Guarda o seu paso pola parroquia de Randufe sendo sensibleas a posibilidade que se elemine o acceso desde Arcos o Poligono Industria de Areas. Informannos dende o Concello que o acceso manterase.
· Rehabilitación Parque infantil do Chan do Carrasco, equipamentos e cerramentos. Rehabilitase o seu piso quedando o resto pendente.
· Notificacion o Concello do estado do Cruceiro que se atopa nas inmediacións da Casa Cultural por perigo de derrube.Informasenos dende o Concello que esta pendente de valoración de Patrimonio para a actuación correspondente.
· Diferentes intervencións nos plenos municipais demandando asuntos como a falta de alumeado publico advertindo das consecuencias que derivan desta situación como son a falta de seguridade. Se informa dende o Concello que estan en vias de execución.
· Envianse peticion e solicitanse reunións co Sr Alcalde para o trato dos asuntos que se reclaman e que entre eles se citan :
◦ Accesos a rede WIFI na casa cultural ( de uso restinxido a equipos habilitados).
◦ Recuperacion dos Petrogligos.
◦ Verquido de auga na estrada Tui – Gondomar a altura do Quilometro 1 aprox.
· Organización da Fogueira de San Xoan.
· Para rematar informase o Sr Alcalde non nos recibe, despois da aparición nos medios da noticia da subvencion da Escola Vella de Randufe e a pregunta de súa falta de atención a esta Asociacion consultada nun pleno en rogos e preguntas contesta que a Asociación pode dirixirse o pedaneo da Parroquia.
· Actualización das nosas tareas no blog que ten habilitado na web a nosa Asociación avderandufe.com.
O Sr Vicepresidente dalle a palabra o vocal
O Sr Presidente dalle a palabra o Secretario para que informe do presuposto e obxectivos que se pretenden para o ano 2011.
· O presuposto resumese en:
· Gastos Asemblea 100 €
· Mantemento do dominio na web 30 €
· Placas a personas maiores na Guia 130 €
· Gastos fotocopias e material oficina 30 €
· Gastos Fogueira San Xoan 600 € ( coste do seguro DRC supón o 50%)
· Total estimado 890 €
· Os proxectos para 2011 resumense en:
· Recuperación de petroglifos.
· Curso de acceso a internet
· Elaboración de un Mapa de Randufe ( unha vista aerea)
· Concurso Fotografico
· Fogueira San Xoan
· Tratamento de peticións dos socios.
A directiva invita expresamente a todolos socios que se animen a participar e implicarse nas tareas propostas.
Fora da orde do día e dada a situación económica actual se pregunta a Asemblea sobre a necesidade de seguir a cobrar os recibos anuais mentras a Asociación dispoña de fondos, sometese a votación e aprobase por mayoria continuar aplicando os cobros previstos de 5 € anuais. Proponse durante o debate a posibilidade de facer unha festa do socio.
Rematados os 5 primeros puntos do orde do día o Sr Presidente abre o turno para o tempo de rogos e preguntas que se resumen a continuación:
· Un socio expresa a sua opinión polo estado actual dos Petroglifos , indicando que a recuperacion deberia ir acompañado dun plan de conservación e protección ou en caso contrario opina que mellor non tocar. Un membro da directiva informalle do que se esta a facer en outros lugares con este asunto.
· Un socio propón que na festa da Fogueira os socios teñan un trato preferencial. Outro socio pregunta se estamos finaciando a Fogueira coa venta de rifas. Se ira valorando este asunto.
· Outro socio opina que non lle gustou o trato que nos deu o Sr Alcalde cando no pleno a pregunta dun membro desta directica a pregunta de que por non recibia a esta Asociacion respondeu que na parroquia tiñamos un pedaneo para tratar os asuntos con el e invitanos a formular unha protesta mais enérxica. Os membros da rirectiva recoñecen esta apreciación.
· Un socio pregunta se sabemos a cantidade que o Concello destinou a rehabilitación da Escola Vella, se lle comenta que o temos publicado no blog e que ronda os 40.000 €. Se informa que lle pedimos unha explicación por escrito pero que a día de hoxe non temos resposta. Outro socio que he membro da corporación municipal informa que o seu grupo se informou e que foi unha subvencion invertida en gastos persoal invitamolo a que se hai algún documento publico que se poida facilitar que o achege a esta Asociación. Faise un recordo da historia da Escola Vella de Randufe. Un socio di que o importante e que entre todos tratemos de buscarlle un uso. Se di que desde a Asociación se poden propoñer usos con fins sociais.
· Outro socio pide que no parque de Chans se valle porque dada a sua proximidade a estrada pode sair algun neno e poñerse en perigo.
O Presidente dirixese os asistentes levantando a sesión cando son as 22:00 horas e invitandoos a un viño no anexo a sala da Asemblea.
O Presidente O Secretario
Telmo Alfaya Perez F. Javier Oliveira Barros
No hay comentarios:
Publicar un comentario