domingo, 4 de julio de 2010

Rehabilitacion da Casa Escola de Randufe... cando?

Temos a ledicia de anunciarvos que unha das nosas peticions o Concello de Tui foi concedida.

Ala polo 18 de Novembro de 2009, fixemos a peticion o Concello de que se tapiase, cerrase a Casa Escola de Randufe, xa que suponia un perigo para calquera persoa que ali entrase. Reproducimos aqui dita peticion que fixemos no Concello con Rexistro de Entrada,


- A antiga escola situada a beira da estrada de Tui-Gondomar non esta o suficientente vallada de forma que se impida o acceso a un edifico parte dos cristais das ventas tanto colodadas como tiradas poden representar un perigo para maiores nenos que pola sua curiosidade podan aceder a este recinto, ademas empregase en diferente ocasión por persoas da parroquia o seu recinto como zona de estacionamento.

Vease Foto 1 e 2- Co repecto ao edicicio nomeado anteriormente (escola) gustarianos saber en que estado se encontra a súa posible utilización por parte do Concello como a súa posible cesion a outros organismos.





A peticion era especialmente polo seu estado de semirruina, tal e como se pode ver nas fotos publicadas no seu momento e o perigo que este suponia as xentes da Parroquia. A Escola estaba a caer. Ademais preguntabamonos se habia algunha idea o estudio para a sua rehabilitacion, xa fora para a sua posible utilizacion polo Concello ou cesion a outros organismos. Nunca recebemos unha resposta.

Despois de mas de 7 meses sen resolver o problema de seguridade, a pasada semana, e tralo Pleno Ordinario do Concello de Tui do mes de Xuno, a Antiga Escola de Randufe esta tapiada. Ainda que o "aparcamento" segue en uso...











Algo que supuxo una boa noticia, veu seguida dun fondo pesar, xa que ese mesmo dia, chegou as mans de esta Asociacion, un documento DECRETO DE ALCALDIA, no que se dispon e lee,


Que con data 5 de Septembro de 2007, foi concedida o Concello de Tui unha subvencion por parte da Xunta de Galicia de 43.118,70 euros, para contratacion de persoal para a obra TR351A 2007/247-, para Rehabilitacion da casa escola de Randufe.


que con data 3 de Decembro de 2007, a Xunta de Galicia efectua o ingreso da cantidade de 43.118,70 euros o Concello de Tui, correspondente a subvencion para a contratacion de persoal para a obra TR351A 2007/247-5 para REHABILITACION DA CASA ESCOLA DE RANDUFE.


que unha vez feita a correspondente xustificacion, produciuse un menor gasto e o Concello de Tui resolve devolver 296,36 euros a la Xunta de Galicia.


Asinado polo Alcalde Antonio Fernandez Rocha e o Secretario accidental Jose Angel Fernandez Rodriguez.



Esto supon unha sorpresa moi grande, xa que todos sabemos na parroquia, que esta Casa Escola, tan importante para moitos de nosos vecinos, esta en estado de semirruina e dende logo non temos noticias de que fose rehabilitada.


Dende aqui quixeramos recibir as explicacions pertinentes, por parte das partes implicadas neste caso, xa que habendo unha subvencion para unha obra de rehabilitacion da Casa Escola de Randfufe, se contrate personal, se liquide e devolva a parte no gastada e que esa importante obra para a Parroqua, non se fixera.


Procederemos tamben a rexistrar dita peticion no Concello de Tui.
Reproducimos aqui o documento o que facemos referencia.


8 comentarios:

  1. recordamos los requisitos para recibir esta subvencion, recogidas en la pagina de Xunta de Galicia, en concreto de la Dirección Xeral de Promoción do Emprego. El apartado d es muy importante:


    Requisitos e criterios para a selección das obras ou servizos.
    As obras ou servizos que se van realizar deberán ser de interese xeral e social e competencia das entidades locais e cumprir os seguintes requisitos:
    a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas ás que se encomende a súa execución.
    b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e práctica profesionais das persoas desempregadas.
    c) Que a porcentaxe mínima de traballadores e traballadoras desempregados/as que se vaian ocupar na realización da obra ou servizo sexa do 75 por 100.
    d) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización das obras ou servizos.

    ResponderEliminar
  2. A que esperades para poñer en coñecemento da fiscalía este roubo.

    ResponderEliminar
  3. Como se pode falar de roubo, iso e algo moi forte. Isto demostra que en vez de buscar aclaracions do que sucedeu para o interese da parroquia, se estan buscando argumentos para facer daños. Como se ve no documento que publicades utilizouse os cartos para a contratación de xente, o mellor algun veciño da parroquia que nese momento o necesitaba.
    E mais, creo que o traballo da asociacion e pedir aclaracions e respostas, para trasmitirnos os socios, para todo o demais estan os partidos Politicos (para tirarse pedras uns a outros, en cousas xa pasadas, en vez de arranxar os problemas do presente).
    O que ten que facer a Asociacion e loitar por conseguir que se restaure a escola.

    ResponderEliminar
  4. que se restaure?. si ten algun fin si, si non con tal que non se derrua, que non gasten mais dos meus cartos, porque eu tamen pago impostos, e polo tanto tamen quero explicacions de como os gastan. non sei si sera roubo ou non, pero que é unha trangallada non ten dubida, e si a xente o necesita, ou modificamos o sistema, ou a traves dos servicios sociales que intenten buscar unha solución.

    ResponderEliminar
  5. Claro que se pode falar de roubo. É UN ROUBO!!!. Gastar mais de SETE MILLÓNS de pesetas dos impostos de todos nunha rehabilitación que non se fixo é un roubo. O diñeiro era para o que era non para gastar ao gusto do alcalde.

    ResponderEliminar
  6. ROUBO... Claro que é un ROUBO.
    pódovos decir inda máis, a empresa belipa recibiu unha concesión de perto de de 200.000,00€ para a realización da obra de rehabilitación da escola de Randufe. Que como sabedes inda non se realizou, o que demostra que os cartos foron para financiar o PP, ou para pagar algunha comisión de algún favor particular. ¿Que vos parece iso?... Atraco a man armada.

    ResponderEliminar
  7. esta claro que algo fallou, e sobre todo, que é o que mais me preocupa a min, fallou o control dos nosos cartos,

    ResponderEliminar
  8. como controlalo millor, ese é o dilema.

    ResponderEliminar