Asociación de Veciños de Randufe
NIF.: G36338549
Casa Cultural
de Randufe s/n
36713 Tui
avderandufe@gmail.com
A Asociación de
veciños de Randufe convoca a:
OS SEUS SOCIOS
Dirixímonos a vostedes pola presente
, para comunicarlles que, ao abeiro do
art. 8 dos Estatutos da Asociación, cómprenos convocalos á ASEMBLEA XERAL
ORDINARIA correspondente ao ano que andamos e que celebraremos o próximo día 24
de Febreiro 2013, domingo ; ás 11:00Hr, en primeira convocatoria e ás 12:00 Hr,
en segunda; no Centro Cultural de Randufe.
A orde do día será a
seguinte:
1-Lectura e aprobación da ACTA
anterior, se procede.
2-Estado de contas ( Ingresos/Gastos
no exercicio 2012)
3-Actualización de Socios
(Altas/Baixas).
4-Memoria relativa ao exercicio do
ano 2012
5-Proxecto e presuposto para o ano
en curso (2013)
6-Renovación da Xunta Directiva
dacordo co artigo 26 dos estatutos da Asociacion. Poderase presentar candidatura de Presidente, Secretario,Tesorero e
Vocais con antelación o desenvolvemento
da Asemblea ou no mesmo día.
7-Rogos e preguntas.
Remataremos esta
convocatoria compartindo un momento todos xuntos, tomando un viño e “picando”
algo.
Ademais o remate celebraremos un
pequeno sorteo entre os asistentes.
Esperamos contar coa
súa presenza, e para que os acordos que adoptemos , sexan o máis acertados e
democráticos posible, AGARDÁMOLAS/OS.
Randufe
10 de Febreiro do 2013
Telmo
Alfaya Pérez (Presidente)
Visitanos
en http://avderandufe.blogspot.com.es/ ou ponte en contacto avderandufe@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario