sábado, 6 de febrero de 2010

Comunicado de Prensa

Comunicado de Prensa


A Asociación de Veciños de Randufe ven de retomar a súa actividade ca nova Xunta Directiva, que está presidida por Telmo Alfaya Pérez.

Segundo o seu Presidente “ a intención da nova Xunta Directiva é a de que a Asociación de Veciños se convirta nun instrumento de participación e debate en aras de ir mellorando a calidade de vida de todos os veciños de Randufe, e que sirva como canalizadora daquelas demandas presentadas polos veciños os organismos correspondentes”.

Os traballos feitos o longo do 2009 foron entre outros a captación de novos socios, cunha boa acollida , labor que se continua levando a cabo, ademais da presentación de diferentes demandas expostas polos veciños nos organismos correspondentes.

Outro dos cambios levados a cabo foi o traslado da súa sede social a Casa Cultural de Randufe , na que o vindeiro dia 20 de Febreiro as 21:00 horas se celebrará a súa Asamblea Xeral Ordinaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario