martes, 30 de noviembre de 2010

MANIFESTACIÓN, PLATAFORMA de AFECTADOS de AREAS polo VIAL TUI- A GUARDA

Facémonos eco de esta nova,


MANIFESTACIÓN

PLATAFORMA de AFECTADOS
de AREAS polo
VIAL TUI-A GUARDA

CONVOCA A TÓDOLOS VECIÑOS A MANIFESTACIÓN

SÁBADO 4 DECEMBRO

16:00 h.

LUGAR DE SAÍDA
TORREIRO DE FESTAS
de AREAS

TOCA DEFENDER OS DEREITOS DAS
NOSAS PARROQUIAS


NON PODE FALTAR NINGUÉN
TODOS SOMOS AFECTADOS


AUTOVÍA SÍ, PERO ASÍ NON.



AS NOSAS DEMANDAS SON:

• Un acceso o polígono directo dende o novo vial Tui – A Guarda

• Que os accesos os barrios polos que transcurre estén en consonacia cos tempos nos que vivimos

• Nas zonas donde haxa núcleos de población se instalen barreiras acústicas e visuais

• Que se canalicen as augas pluviais que veñen da autovía a lugares seguros e que non afecten os vecinos

• Que se respeten os pasos de regadío

• Que os taludes que están cerca das vivendas non supoñan unha amenaza constante para os que alí viven

• Que reparen e respeten todas as vías de servicio que ata o de agora utilizaban os veciños no seu día a día.


Teléfonos de contacto:

Marcos Gómez: 610569337

Xoán Carlos Boo: 650638428

Xoán Nogueira: 630909471

viernes, 12 de noviembre de 2010

“A Taberna sen dono” dan man de Teatro La Guía, Sabado 13 Novembro 21.30 Teatro Municipal de Tui

Teatro La Guía representa “A Taberna sen dono” en homenaxe a Miguel Troncoso



O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado ás 21.30 horas a representación da obra teatral “A Taberna sen dono” dan man de Teatro La Guía, que trinta anos despois volve ao escenario. Faino nesta ocasión cun motivo especial, coma é brindar unha homenaxe ao que foi o seu director Miguel Troncoso, falecido hai agora cinco anos. Para esta ocasión sóbense de novo ao escenario os actores que hai tres décadas deron vida os distintos personaxes. Para iso levan ensaiando 8 meses, nos que retomaron os lazos de amizade establecidos na súa mocidade e consolidados agora na idade adulta.

A representación forma parte dos actos do 25 Aniversario da Asociación Cultural Xuntanza, xa que a súa xunta directiva encargou esta tarefa a Pilar Álvarez e Marita Giráldez, que agora figuran coma adxuntas a dirección, xa que no cargo de Director segue aparecendo Miguel Troncoso.

Esta representación foi presentada onte na Casa do Concello por Marita Giráldez, Miguel Méndez e Carlos Alfaya que estiveron acompañados polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e polo Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez.

Moisés Rodríguez explicaba que o Concello e a Concellería de Cultura súmanse a esta merecida homenaxe a un home que a quen lle gustaba estar en segundo plano. Aludía tamén ao éxito que esta representación tivo xa o pasado domingo na Casa Cultural de Randufe. Animábaos a seguir con esta Mostra de Teatro e representar outra obra o ano que vén. Unha posibilidade que non descartaron os membros do grupo teatral.

Pola súa parte Antonio Fernández Rocha lembraba a Miguel Troncoso con quen coincidía na época de Unión Tudense. Expuña a súa implicación coa cultura e o seu aporte fundamental non só para a cultura en Randufe senón en todas as parroquias xa que segundo explicaba el ía desenvolvendo actividades que logo se copiaban no resto. Aludía tamén a que foi o promotor da compra do terreo onde se ubica a casa cultural de Randufe, polo que dicía habería que estudar no futuro a posibilidade de darlle o seu nome.

Marita Giráldez explicaba que estes oito meses de ensaio os viviron con moita intensidade lembrando sempre a Miguel Troncoso que cando eran mozos, e non había moitas alternativas, os atraia cara ao teatro. Lembraba tamén coma el se encargaba dos efectos especiais, a carteleira e escenografía. Miguel Méndez explicaba que para eles esta representación é un reto importante porque moitos levaban 25 anos sen subir ao escenario. Convidaba a asistir á obra porque dicía o público o vai pasar moi ben. Carlos Alfaya pola súa parte agradecía o apoio do Concello e apostaba porque se siga apoiando a cultura tanto no centro coma nas parroquias. Remataba convidando ao público a asistir.

As entradas, sen numerar, poranse á venda o sábado ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo dun euro.

http://www.galiciasuroeste.info/tui.htm

lunes, 12 de julio de 2010

Novas Peticions o Concello

Asociación de Veciños de Randufe
NIF.: G36338549
Casa Cultural de Randufe s/n
36713 Tui




A/A do Sr. Alcalde de Tui, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha

Asunto: Temas tratados na última reunión da Asociación de Veciños de Randufe.

Reunida a Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Randufe, no pasado día 30 de Xuño de 2010, acorda solicitar o Concello de Tui acerca daquelas cousas de interese público para a parroquia que foron tratadas.

Solicitamos por tanto do Exmo. Concello de Tui:

- Noutras ocasions anteriores xa solicitamos una solución para os problemas que teñen os nenos que todolos dias van os institutos de Tui da parroquia de Randufe, unha e a necesidade dos nenos que esperan o bus no Chan do Carrasco non dipoñen de abrigo por falta dunha marquesina o caron da estrada, nalgun pleno alguen comentou que xa existia unha, aproveitamos para aclararlle que a marquesina existente esta o caron do colexio, era usada os cativos de primaria, é os que van os institutos a Tui, o autobus collenos na carretera. Ademais os que collen o autobus no Cruceiro do Monte ( donde esta situada a marquesina da Diputación), non teñen paso de cebra ou outro tipo de sinalización que alerte do perigo que conleva o cruce da estrada nese mesmo lugar, cando o autobus os deixa a volta, dado que o tramo conta de moi pouca visibilidade. Adxutamos fotos do lugar por donde cruzan.Tamen na Pousa do Bispo foi posta unha Marquesina (creemos que de carácter porvisonal) que non ten capacidade de acollida para os nenos que ali esperan o Bus, seria necesario reemplazala. Esta demanda seria importante que se levara a cabo antes do inicio do proximo curso escolar.Adxuntamos fotos.

- Limpeza da maleza dos balados nas carreteras e beirraruas da parroquia e na carretera que vai a Gondomar, en algún lugares a maleza sae hasta case 1 mt encima da carretera. Ocasiona problemas para circulación de coches (disminue o espazo) e para os peons que as utilizan para o exercio de “camiñar” (non poden arrimarse e circulan nestes tramos polo medio da carretera).Adxuntamos algunhas fotos.

- Adxuntamoslle tamen unha relación das peticións feitas polos nosos asociados na última asamble xeral.

Esperamos a súa colaboración nas cuestións comentadas para poder conquerir entre todos que sexa o noso entorno un lugar mais agradable e seguro.

Sen outro particular agradecemos a sua atención é esperamos de vostede, tal como acordamos, unha cita para que nos confirme a posibilidade de levar a cabo estas peticións o mesmo que ofrecer a nosa colaboración no que sexa posible.

Randufe a 9 de Xuño de 2010

O Secretario


F.Javier Oliveira Barros



Foto 1(Carretera no Pociño)

Foto 2 (km 0,5 estrada Tui_Gondomar)


Foto 3 (Chan do Carrasco)

Foto 4 (Punto de paso nenos do Bus-Instituto.Cruceiro do Monte)



Foto 5 (Punto de paso nenos do Bus-Instituto.Cruceiro do Monte)


Foto 6 (Marquesina Pousa do Bispo)

domingo, 4 de julio de 2010

Rehabilitacion da Casa Escola de Randufe... cando?

Temos a ledicia de anunciarvos que unha das nosas peticions o Concello de Tui foi concedida.

Ala polo 18 de Novembro de 2009, fixemos a peticion o Concello de que se tapiase, cerrase a Casa Escola de Randufe, xa que suponia un perigo para calquera persoa que ali entrase. Reproducimos aqui dita peticion que fixemos no Concello con Rexistro de Entrada,


- A antiga escola situada a beira da estrada de Tui-Gondomar non esta o suficientente vallada de forma que se impida o acceso a un edifico parte dos cristais das ventas tanto colodadas como tiradas poden representar un perigo para maiores nenos que pola sua curiosidade podan aceder a este recinto, ademas empregase en diferente ocasión por persoas da parroquia o seu recinto como zona de estacionamento.

Vease Foto 1 e 2- Co repecto ao edicicio nomeado anteriormente (escola) gustarianos saber en que estado se encontra a súa posible utilización por parte do Concello como a súa posible cesion a outros organismos.





A peticion era especialmente polo seu estado de semirruina, tal e como se pode ver nas fotos publicadas no seu momento e o perigo que este suponia as xentes da Parroquia. A Escola estaba a caer. Ademais preguntabamonos se habia algunha idea o estudio para a sua rehabilitacion, xa fora para a sua posible utilizacion polo Concello ou cesion a outros organismos. Nunca recebemos unha resposta.

Despois de mas de 7 meses sen resolver o problema de seguridade, a pasada semana, e tralo Pleno Ordinario do Concello de Tui do mes de Xuno, a Antiga Escola de Randufe esta tapiada. Ainda que o "aparcamento" segue en uso...











Algo que supuxo una boa noticia, veu seguida dun fondo pesar, xa que ese mesmo dia, chegou as mans de esta Asociacion, un documento DECRETO DE ALCALDIA, no que se dispon e lee,


Que con data 5 de Septembro de 2007, foi concedida o Concello de Tui unha subvencion por parte da Xunta de Galicia de 43.118,70 euros, para contratacion de persoal para a obra TR351A 2007/247-, para Rehabilitacion da casa escola de Randufe.


que con data 3 de Decembro de 2007, a Xunta de Galicia efectua o ingreso da cantidade de 43.118,70 euros o Concello de Tui, correspondente a subvencion para a contratacion de persoal para a obra TR351A 2007/247-5 para REHABILITACION DA CASA ESCOLA DE RANDUFE.


que unha vez feita a correspondente xustificacion, produciuse un menor gasto e o Concello de Tui resolve devolver 296,36 euros a la Xunta de Galicia.


Asinado polo Alcalde Antonio Fernandez Rocha e o Secretario accidental Jose Angel Fernandez Rodriguez.



Esto supon unha sorpresa moi grande, xa que todos sabemos na parroquia, que esta Casa Escola, tan importante para moitos de nosos vecinos, esta en estado de semirruina e dende logo non temos noticias de que fose rehabilitada.


Dende aqui quixeramos recibir as explicacions pertinentes, por parte das partes implicadas neste caso, xa que habendo unha subvencion para unha obra de rehabilitacion da Casa Escola de Randfufe, se contrate personal, se liquide e devolva a parte no gastada e que esa importante obra para a Parroqua, non se fixera.


Procederemos tamben a rexistrar dita peticion no Concello de Tui.
Reproducimos aqui o documento o que facemos referencia.


jueves, 24 de junio de 2010

Fogueira de San Xoan en Randufe

Algunhas fotos da Fogueira de San Xoan en Chans Randufe








































lunes, 21 de junio de 2010

Gran Fogueira de San Xoan, a noite do 23, en Randufe Chans

Gran Fogueira de San Xoan, a noite do 23, en Randufe Chans

Habera Sardiñas con pan de millo e como novidade este ano tamen unha chourizada. Para animar a noite contaremos cunha sesion musical de Kiko Carballo, ademais da actuación do Grupo de Gaitas de Xuntanza e para os mais cativos algúns hinchables. Farase un sorteo de duas magnificas ceas.

Organiza Asociación de Veciños de Randufe.

Colabora Moto Club Randufe, Carnicas Cholo, Restaurante Cruceiro do Monte e o Bar A Carballeira

martes, 8 de junio de 2010

Actuacions en Randufe

Con gran ledicia informamos a todolos socios e vecinos, que algunha das peticions feitas o Concello foron atendidas:

1. A Marquesina da Pousa do Bispo foi desbrozada (recordamos que deberia ser unha labor periodica)


2 O Muro caido e as Pedras de grandes dimensions que invadian a estrada nas Bornetas, foi subsanado.

Agradecemos a todolos implicados a sua colaboracion.

sábado, 29 de mayo de 2010

Pleno Ordinario do 27 de Maio de 2010

Publicamos aqui o Resumo que fai Galicia Suroeste do Pleno Ordianrio do COncello de Tui.

Respecto a aspectos que afectan directamente a Randufe, o Concelleiro Pablo Alonso do PSOE, na quenda de Rogos e Preguntas informou e recordou actuacion urxentes pendentes propostas pola Asociacion de Vecinos de Randufe e recollidos no noso Blog,

1. Limpieza e Desbroce periodico da zona de Marquesina sita na Pousa do Bispo
2. Solucion permanente para un Burato de grandes dimensions na zona do Outlet.
3. Reparacion dun muro caido e que afecta a seguridade na zona das Bornetas

Fuente Galicia Suroeste,

A problemática do CEIP nº2 marca o pleno ordinario en Tui

Dúas horas e media durou o pleno ordinario celebrado o xoves pola corporación municipal de Tui. Unha sesión que en boa parte estivo centrada nas reivindicacións de seguridade que fan os pais e nais do CEIP nº2. Precisamente antes do pleno tiña lugar unha concentración de pais e alumnos do centro na praza do Concello, na que infomaron que a técnica da Xunta xa presentou ao Xefe Territorial de Educación o proxecto de pechar o centro pola avenida da Concordia. E con respecto ao concello dicían que había dúas novidades, por unha parte que xa puxeron un peche novo na porta de abaixo, e por outra que operarios municipais estiveron onte no colexio para arranxar a valla que separa o centro do Conservatorio, e pór unha pechadura na porta da propia valla. Pero estes arranxos non satisfacen aos pais que piden “as cousas ben feitas” e un plan integral de seguridade. Tamén solicitaban que os pais non entren cos coches no recinto escolar xa que está prohibido.

Ata a porta do Concello achegouse o alcalde que se dirixiu aos presentes para informarlles que “se está traballando” nas súas demandas, e manifestar que agarda a próxima semana contar cun proxecto que tamén se está elaborando.

A continuación os pais e os nenos dirixíronse ao salón de sesións, ateigándoo completamente para asistir ao pleno que se ía celebrar.

Na quenda de mocións de urxencia PSOE e BNG presentaron unha moción conxunta solicitando do pleno unha serie de compromisos a executar antes do 30 de agosto no CEIP nº2 relacionados coas reivindicacións feitas polos pais. A urxencia prosperou e tras unha primeira quenda de intervencións o pleno foi suspendido durante 30 minutos nos que os edís se retiraron á sala de reunións do concello para consensuar un texto que saíu adiante por unanimidade. Finalmente a moción aprobada recolle o compromiso do Concello para arranxar o perímetro do valado do colexio e instar á Xunta para substituílo por un novo; reforzar a porta de abaixo para garantir que todo o perímetro estea pechado, así coma obrigar aos propietarios dos terreos lindeiros a ter as súas fincas limpas para evitar a proliferación de maleza ou de animais perigosos coma ratas ou serpes. Tamén na proposta recóllese estudar un plan de regulación do tráfico para o colexio que inclúa semáforos, pasos de peóns e a presenza da policía local nas entradas e saídas do nenos e nenas. Por último contémplase tamén a presenza da policía local nas fins de semana para evitar botellóns no recinto escolar ou que accedan ao mesmo estraños.

Na quenda de rogos e preguntas do público os pais e os propios nenos interpelaron ao Alcalde sobre distintas cuestións relacionadas co centro comprometéndose o rexedor a que o representante municipal no Consello Escolar non volverá faltar ás reunións, e amais informaba que a próxima semana terán o informe sobre o Plan de Seguridade no centro encargado polo propio Concello.



A Corporación aprobou retomar os trámites para a elaboración do PECH


No pleno ordinario de maio celebrado pola corporación municipal quedou aprobado por trece votos a favor e dous en contra unha moción do BNG emendada por Acción Tudense na que se recolle que se retome o expediente para a elaboración do Plan Especial do Conxunto Histórico. No debate do punto fíxose fincapé na importancia de contar con este planeamento, indicando Laureano Alonso do BNG que o casco histórico tudense é un referente en Galicia ao ser o segundo en importancia, logo do de Santiago de Compostela. Engadía que hai traballos feitos en canto a fichas de edificios, e que a documentación está no concello dende 2001. Sinalaba que ante a tardanza na aprobación do PXOM é interesante ter o PECH para as persoas que teñan vivendas ou queiran comprar no casco histórico.

Dende o PSOE Pablo Alonso expuña que a documentación do PECH está feita dende 2001 e custou moitos cartos, preguntándose polo prezo de nove anos de retrasos neste planeamento. Juan Miguel Diz Guedes de TUI expuña que o PECH é unha das urxencias de Tui, e que nada é incompatible co PXOM, polo que sinalaba que “o mellor investimento que podemos facer é iniciar o concurso para a contratación do equipo redactor”. Manifestaba por último que “quedariamos moi satisfeitos do inicio do proceso e que poida estar concluído antes de que finalice o ano, para que a próxima corporación teña os documentos necesarios para aprobar o PECH no seu momento”.

Por último dende Acción Tudense Miguel Capón lembrou que a aprobación do avance do Plan Especial do Conxunto Histórico aprobouse en 1996 e que entre finais de 1997 e comezos de 1998 estaba feito o catálogo de edificios e as fichas de cada unha dos edificios e solares tanto do conxunto histórico coma da zona de respecto, sen que iso lle custase nada ao Concello porque tivo daquela unha subvención da Xunta de Galicia.

Por unanimidade aprobouse inicialmente no pleno ordinario de maio a Ordenanza reguladora das axudas de rehabilitación de edificios, vivendas e urbanización no ámbito da Área de Rehabilitación do Concello de Tui na súa oitava fase. O obxectivo segundo explicaba o Alcalde é pór en marcha as subvencións establecidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e polo Ministerio de Vivenda.

Por unanimidade aprobouse tamén a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de ensinanzas especiais para recoller o suposto de dobre matriculación no Conservatorio de tal xeito que os alumnos matriculados en dous instrumentos, do segundo paguen só o que correspondería ao instrumento xa que o resto das materias xa as aboa co primeiro instrumento.

Na quenda de mocións o BNG presentou dúas que quedaron sobre a mesa unha delas rexeitando os recurtes sociais aprobados polo goberno de Zapatero e propondo outras medidas para aforrar, e outra apuntado a posibilidade de que o concello se dirixa aos consignatarios do porto de Vigo para que os cruceiristas poidan facer excursións a Tui e incrementar así o turismo que recibe a cidade. As dúas quedaron sobre a mesa para o seu estudo en comisión.

Mais seguridade na Autovia A 55 no seu paso por Tui.

Facemonos eco da Nova aparecida no xornal A Voz de Galicia de data 26 de Maio de 2010, na que se informa da inversion en Seguridade na Autovia A55, o seu paso por Tui, entre os Kilometros 0 e 32.

Fonte: La Voz de Galicia,

El Ministerio de Fomento anunció ayer la adjudicación a la empresa Diagrama Ingeniería Orense del contrato de consultoría y asistencia técnica para la redacción de tres proyectos de seguridad vial en varias carreteras de la provincia de Pontevedra. El presupuesto de la adjudicación, publicada ayer en el Boletín Oficial del Estado, asciende a 184.344 euros.

El ministerio prevé colocar pasos canadienses y reponer la malla de cerramiento de la autovía Rías Baixas A-52 entre los kilómetros 267,1 y 306,3. Igual medida se adoptará en la A-55 a Tui entre los kilómetros 0 y 32. La longitud total aproximada de la actuación es de unos 72 kilómetros.

viernes, 28 de mayo de 2010

Acta Asamblea da Asociacion de Vecinos de Randufe 2010

“Asociación de Veciños
de
R A N D U F E”.
NIF.: G36338549.
Centro Cultural de Randufe, s/n.
36713 - T U I

Tui, 20 de Febreiro de 2010

ACTA ASAMBLEA XERAL 2010


Correspondente á asamblea xeral anual ordinaria, celebrada o día vinte de febreiro de dousmil dez (20-02-2010), no Centro Cultural de Randufe.

No lugar e data referidos no parágrafo anterior, sendo as 20h.30’, non habendo quórum (1/3 dos socios), a xunta directiva acorda pospoñer a asamblea para a segunda convocatoria.

Cando son as nove horas e dez minutos (21h.10) o Sr. Presidente abre a sesión, dandolle a benvida ós asistentes e agradecendollela súa presencia. Son os asistentes a mesma reunión un número total de XX.De seguido, o Sr Vicepresidente, toma a palabra para dirixirse os asistentes e comenzar a súa exposición falando dos obxetivos que ten esta Asociación e que están recollidos nos seus Estatutos, de seguido presenta ,nomeandoos, os membros que forman parte da Xunta Directiva e da comenzo a Asamblea Xeral Ordinaria seguindo o proposto na orde do día que conta cos seguintes puntos :

1º Lectura e aprobación da Acta anterior, se procede
2º Estado de contas( Ingresos/Gastos no exercicio 2009 )
3º Actualización de socios (Altas/Baixas).
4º Memoria relativa ao exercicio do ano 2009
5º Proxecto e presuposto para o ano en curso (2010)
6º Rogos e preguntas


Punto 1 - O Secretario da lectura a Acta anterior , unha vez rematada o Vicepresidente dirixese aos asistentes paras consultar se hai algunha obxeción, non habendo nada que obxetar procedese a súa aprobación por unanimidade.

Punto 2 - Lectura por parte da Tesoureira dos Gastos/Ingresos correspondentes ao 2009 así como o estado de contas actual. Non habendo ningunha obxeción danse por aprobadas.

Punto 3 - Estado de altas/baixas de socios, non habendo baixas no ano 2009 e 63 novas altas que fan que a Asociación conte con un total de 221 socios. Informase ademais que a aposta da asociación e seguir crecendo no seu número de socios.

Punto 4 - Memoria relativa ao exercicio do 2009 mencionando as diferentes tarefas que ocupararon a Xunta Directiva:

-Informase cunha das primeiras cousas que se fixeron foi dar traslado da sede social de Casa Social d’As Bornetas, s/n. ao Centro Cultural de Randufe por ser este un edificio referente dentro da Parroquia e que ademais reune o aforo necesario para o desenvolvemento das Asambleas dado o número de socios cos que actualmente conta esta Asociación.
-Tamen se comentan todas as xestión realizadas perante o Concello daquelas necesidades que ten a Parroquia segundo manifestan os seus asociados e a saber son.

a) Preocupación por parte dalguns vecinos polo estado no que se atopan algunhas tapas dos sumidoiros ( tapadas polo asfalto) que impiden o seu funcionamento en caso de sobrecarga no sistema. Lembrase o que lle pasou a un veciño do Montiño.
b) Preguntase polo estado no que se topa a Antiga Escola, para saber se o Concello ten previsto o seu uso ou cesión algun organismo para a súa rehabilitación, o Vicepresidente informa que o Concello esta traballando en algun proxecto , pero que actualmente non pode dar información ate que este completado.
c) Reclamamos unha marquesina para a parada que o autobús que leva os rapaces ao Instituto ten no Chan do Carrasco, o Concello informou que neste lugar xa fixo unha marquesina, pero informaselle que esta es so de uso para os nenos do CEIP. Tamen se lle pide unha para os nenos que van o CEIP de Randufe e collen o autobus na Pousa do Bispo xa que ha instalada alí non da abrigo a cantidade de nenos que collen o autobus.
d) Se solicitan pasos de peons para a zona da Pousa do Bispo e para a zona da antiga carniceria, o primeiro usado polos nenos que van coller o autobus a parada da Pousa do Bispo e proceden da zona da A Guia e outro para os rapaces que a volta do Intituto o autobus deixaos na marxe dereita da rúa e cruzan para voltar as súas casas nas zonas de A Guía , Arcos, Cruceiro. Foi xa feito o primeiro pero o segundo está pendente , a zona na que se pide parece que non reune as condicións para levar a cabo esta demanda.A estrada e de Fomento.
e) Pidimos se e posible, a súa colaboración para que demande perante Fomento a posibilidade de colocar beiraruas no tramos que vai , ao marxe dereito, dende a entrada da Pousa do Bispo a entrada da autovía para Vigo, de forma que has personas que vaian a Tui a pe, poidan dispoñer dun espazo seguro nesa zona.
f) Se pide que se controle o vertedoiro que temos detrás do colexio, pois a parte do seu impacto non axuda a concienciar aos rapaces da escola da importancia da recollida do lixo e o seu tratamento, e ademais esta unha zona de acceso os Muiños do Tripes unha senda natural posta en valor nos últimos tempos.
g) Informe sobre o estado das aguas que na parroquia verten diferentes fontes, sendo especialmente sensible a que temos no Chan do Carrasco , donde on nenos despois de xogar consumen con frecuencia. Se informa que non se declaran potables salvo que esten cloradas si seria importante ter coñecemento ao menos se hai controis periodicos.
h) Envio de personal do Concello a ver o “rebosadoiro” do deposito de aguas que cando este ten a súa capacidade completa verte ao exterior , e baixa por un camiño que da acceso a fincas privadas e deteriorao. Non sabemos se houbo algunha intervención pero ultimamente este problema non está a suceder.
i) Se trata a falta de alcantarillado nangunhas vivendas que hai nas Mañisquas que finalmente se resolverá por parte do Concello e contará ademais cunha axuda económica da Comunidade de Montes de Randufe.

Punto 5 -Proxecto e presuposto para o ano 2010.
O primeiro asunto a tratar e a finaciación da Asociación, informase cos seus asociados viñan pagando unha cuota de 5 € o ano pero que no 2009 esta non foi pasada pois a Xunta Directiva non exerceo a totalidade do exercicio e ademais a Asociación dispoña de fondos que facian viable ese exercicio.
Sometese a consulta cos presentes se se manten no futuro esa couta simbólica e aprobase por unanimidade.
Como tarefas de partida para o 2010 teñense:
-Intentar que na saida da autovia de Vigo-Portugal, na súa saída na Pousa do Bispo inclua ademais de Gondomar o toponimo de Randufe, como na anterior figura por exemplo Guillarei.
-Estar pendentes da contrucción do vial de Tui a Guarda, contando coa colaboración do Concello a hora de dispoñer de información para evitar solucións de deficiencias a posteriori.
-Recuperar a zona dos Petroglifos, que hoxe se atopa en mal estado e ver as posibilidades que ofrecen determinadas subvencións para recuperación en mantemento de zonas de interese xeral.(Plan PRODER).
-Colaboración con outras asociación para compartir experiencias e aprendizaxes.
-Estudar ofertas que fan organización comercias da nosa zona que poidan repercutir en descuentos para os nosos socios (FEBAM).
-Traballar no noso blog enchendo daquelas cousas que poidan ter interese xeral e poñan en valor a nosa parroquia ( fotos, historias...)
-Intentar cos nosos socios axuden o noso crecimento asociativo invitando novos veciños a sumarse a esta Asociación.

Punto 6– Rogos e preguntas.
a) Un presente informa de necesidades que hai na carretera da Guarda tales como Marquesina e paso de peóns na zona do Haley. Se recolle nota para tratar.
b) Outro fala dos problemas que teñen na Avda Portugal, os sumidoiros non teñen a capacidade de absorver o total de agua cando hai choivas intensas. Se recolle nota para tratar.
c) Outro informa da finca que hai fronte o edificio Ramallosa que precisa de ser debrozada, di que o Concello xa eliminou parte da maleza que invadia a rúa pero que se non se resolve a limpeza da finca será un problema recurrente. Se recolle nota para tratar.
d) Outro dice que e preciso darse unha volta pola parroquia para ver as necesidades que hai de “bachear” algunhas carreteras. Se recolle nota para tratar.Se lle di que esperamos a que o concello asfalte os tramos pendentes e despois faremos a súa revisión.
e) Outro falanos da necesidade de poñer carteis que nomeen os diferentes barrios da parroquia. Se recolle nota para tratar.
f) Un socio dirixese a Xunta Directiva animandoos a continuar coa súa labor. Agradeceselle desde a Xunta Directiva .
g) Un socio queixase da falta de sinalización en alguns puntos da parroquia (cruces). Se recolle nota para tratar.
h) Outro comenta, en relación o tema dos vertodoiros que poida haber na parroquia da necesidade de educar as persoas para que eviten este mal uso.

Rematado o espazo de rogos e preguntas o Vicepresindente informa que a continuacion o membro da Directica Fco Javier Ribadulla fará unha breve exposición sobre o BLOG que esta asociación ten a disposición de todos na rede INTERNET e poder compartir con todos este espazo de divulgación , inquietudes e peticións. O BLOG e proxectado na pantalla de cine que ten Xuntanza para que todos poidan ver o seu funcionamento.

Unha vez rematado esta exposición o Vicepresidente agradece a tódolos asistentes a súa presenza sendo as 22:00 Hr. e levanta a sesión . E tal como estaba posto na convocatoria invitaos a un pequeño ágape preparado para ter un momento de lecer tras a Asamblea.


A s i n a d o,
Presidente.- D. Telmo Alfaya Perez
Secretario. D. Fco Javier Oliveira Barros